Saltar ao contido principal
Asinar a petición →

Non só pedimos: tamén actuamos

Rexistro de accións veciñais en Vilaboa e Culleredo

Mentres agardamos unha resposta do Concello, seguimos traballando no barrio. Aquí recollemos o que facemos: recollidas de excrementos abandonados, encontros veciñais e calquera acción que demostre que esta campaña vai en serio.

Próximamente: vídeo da primeira recollida de excrementos abandonados en Vilaboa. Mentres tanto, podes asinar a petición e unirte ao grupo de WhatsApp para participar en próximas accións.

Asinar a petición → Unirse ao WhatsApp
Vídeo

Recollida de excrementos en Vilaboa

Un grupo de veciños saíu a recoller os excrementos abandonados por outros no entorno de Vilaboa. Non o facemos para substituír a responsabilidade de ninguén, senón para demostrar que a convivencia tamén se constrúe actuando.

Preview do vídeo da recollida veciñal en Vilaboa

Para ver este vídeo cargarase o reprodutor de Facebook, que pode instalar cookies de Meta no teu navegador. Se non queres aceptalas, podes ver o vídeo directamente na nosa páxina de Facebook.

Seguir en Facebook
Fotos

Imaxes das accións

Fotos das recollidas e accións veciñais. Iranse engadindo despois de cada saída.

Foto próximamente
Foto próximamente
Foto próximamente
Historial

Rexistro de accións

O que fixemos ata agora. Actualízase despois de cada acción.

Maio 2026
Recollida

Primeira recollida de excrementos abandonados

Vilaboa e entorno do Pazo de Villa Melania. Participaron varios veciños da campaña. Proximamente vídeo e fotos.

Abril 2026
Petición

Lanzamento da petición en Change.org

Inicio da campaña veciñal con recollida de sinaturas online e follas de sinatura en comercios de Vilaboa.

Síguenos

Actualizacións nas redes

As accións e novidades da campaña publícanse tamén nas redes sociais. Síguenos para estar ao tanto.